luns, 8 de setembro de 2014

OS CABAZOS DE CABRAL


Texto: Xesús Alonso Montero





A cabaza e o cabazo,
 que son señora e señor,
non casaron por diñeiro, que casaron por amor.

e despois de nove meses,
 xuntiños ambos os dous,
 tiveron un cabaciño bonitiño coma un sol.


O neniño foi medrando
 cheo de forza e vigor,
e ó cumprir os vinte anos,
 xa bo mozo, emigrou.



Orfo xa o cabaciño
de pais que foran tan bos
seguiu traballando arreo
 nas terras da emigración.

                           

                                                   
Aforrou moitos cartiños
pensando, non sen razón,
que os que mandan son capaces
de lambernos, os lambós,

unha parte substanciosa d
a nosa xubilación.
As dereitas cando actúan,
teñen pouco corazón!






O caso foi que unha noite
cismando neste temor
atopou cun funcionario
que parecía un señor.
Dun banco moi rechamante
era o xefe, o director,
e axiña con moita maña
deste xeito lle falou:
"Señor cabaciño honrado,
vosté,tan aforrador,
se quere ten garantía
do diñeiro que aforrou
métao nas preferentes
agora, sen dilación,
do meu banco, desta caixa, 
ben gobernada por nós.
Fíxolle caso o coitado,
un chisquiño inocentón
pois os banqueiros e banqueiras
son xentiña do peor.





O cabazo desta historia
pasouno, logo, moi mal
pois os ladróns dos banquiros
lambéronlle o seu caudal.


Máis certo día, aquí memo,
neste barrio de Cabral,
 ó aldraxado cabazo
naceulle un fillo cabal.





Aínda é novo, moi agudo,
en bondade non te par
e tamén é xusticeiro
e ós seus vellos moi leal,
tanto que en prados e veigas
onde os cabazos se dan
vai inzando a noticia
de que a hora vai chegar
Eu ben sei que este cabazo,
nacido aquí en Cabral
conta con vinte cabazos
pra compór un tribunal,
un tribunal nunca visto,
untribunal tan legal,
que sentará no banquillo
á xente que fixo mal,
a cen banqueiros galegos
no seu Xuíxo final.
Toda Galicia está hoxe
moi contenta o ver que os cucos banqueiros,sen excluír aos da Igrexis,
residirán canto antes,
cos cómplices, nas cadeas.







   
Hoxe os cabazos do mundo,
en Cabral e noutras terras,
orgullosos do seu triunfo,
danzan a mellor muñeira.

sábado, 6 de setembro de 2014