ACRILICO SOBRE PAPEL . Pintura realizada mentras se recitaba poesía erótica, ¡ Que mellor inspiración! |
domingo, 7 de decembro de 2014
I CERTAMEN POESIA EROTICA CHAN DAS PIPAS 2014
venres, 7 de novembro de 2014
martes, 4 de novembro de 2014
luns, 8 de setembro de 2014
OS CABAZOS DE CABRAL
Texto: Xesús Alonso Montero
A cabaza e o cabazo, que son señora e señor, non casaron por diñeiro, que casaron por amor. |
e despois de nove meses, xuntiños ambos os dous, tiveron un cabaciño bonitiño coma un sol. |
O neniño foi medrando cheo de forza e vigor, e ó cumprir os vinte anos, xa bo mozo, emigrou. |
Orfo xa o cabaciño de pais que foran tan bos seguiu traballando arreo nas terras da emigración. |
|
Aforrou moitos cartiños pensando, non sen razón, que os que mandan son capaces de lambernos, os lambós, unha parte substanciosa d a nosa xubilación. As dereitas cando actúan, teñen pouco corazón! |
cismando neste temor
atopou cun funcionario
que parecía un señor.
Dun banco moi rechamante
era o xefe, o director,
e axiña con moita maña
deste xeito lle falou:
"Señor cabaciño honrado,
vosté,tan aforrador,
se quere ten garantía
do diñeiro que aforrou
métao nas preferentes
agora, sen dilación,
do meu banco, desta caixa,
ben gobernada por nós.
Fíxolle caso o coitado,
un chisquiño inocentón
pois os banqueiros e banqueiras
son xentiña do peor.
O cabazo desta historia pasouno, logo, moi mal pois os ladróns dos banquiros lambéronlle o seu caudal. |
Máis certo día, aquí memo, neste barrio de Cabral, ó aldraxado cabazo naceulle un fillo cabal. |
Aínda é novo, moi agudo, en bondade non te par e tamén é xusticeiro e ós seus vellos moi leal, tanto que en prados e veigas onde os cabazos se dan vai inzando a noticia de que a hora vai chegar |
Toda Galicia está hoxe moi contenta o ver que os cucos banqueiros,sen excluír aos da Igrexis, residirán canto antes, cos cómplices, nas cadeas. |
Hoxe os cabazos do mundo, en Cabral e noutras terras, orgullosos do seu triunfo, danzan a mellor muñeira. |
sábado, 6 de setembro de 2014
mércores, 23 de xullo de 2014
xoves, 20 de marzo de 2014
venres, 10 de xaneiro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)